19 de marzo de 2012

21 DE MARZO "DÍA MUNDIAL DA POESÍA"

 COMO DICÍA FRAN ALONSO NO MANIFESTO DO ANO 2007:
"A POESÍA SERVE PARA LER, CANTAR, BERRAR, RECITAR, RAPEAR, DECLARARSE, REBELARSE CONTRA O MUNDO OU UNICAMENTE PARA FALAR SUAVE Á ORELLA.
E SERVE, SOBRE TODO, PARA EXPLICAR AS RAZÓNS E AS EMOCIÓNS QUE NON VEÑEN NO DICIONARIO."

PARA COMEZAR A FALAR DA POESÍA, NON HAI NADA MELLOR, QUE FACELO NA COMPAÑA DO RATO FREDERICK .

CONTO DA EDITORIAL KALANDRAKA. 

  
SINOPSE: UNHA FAMILIA DE RATOS RECOLLE PROVISIÓNS E TODOS TRABALLAN, AGÁS FREDERICK, QUE APARENTEMENTE NON FAI NADA. PERO EL TAMÉN SE APROVISIONA: RAIOS DE SOL, CORES, PALABRAS...
AUTOR E ILUSTRADOR: LEO LIONNI
LEO LIONNI É AUTOR E ILUSTRADOR DE MOITAS HISTORIAS COMO: "PEQUENO AZUL, PEQUENO AMARELO", "NADARÍN", "A CASA MÁIS GRANDE DO MUNDO"...ETC.



 
-"E TI, POR QUE NON TRABALLAS, FREDERICK?"    PREGUNTÁBANLLE OS DEMAIS.
-"EU TRABALLO", RESPONDÍALLES FREDERICK.

-"RECOLLO RAIOS DE SOL PARA OS DÍAS FRÍOS DO INVERNO"
 

VÍDEO ADAPTADO DA HISTORIA (INGLÉS).

1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...