25 de abril de 2018

LECTURA CON FAMILIAS, DÍA DO LIBRO

DENDE A BIBLIOTECA DO CENTRO, INVÍTASE ÁS FAMILIAS DO NOSO CENTRO A PARTICIPAR NA VIDA DAS AULAS COA LECTURA DUN CONTO.




A NAI DE NICOLÁS TROUXONOS UN CONTO SOBRE O COIDADO DO NOSO PLANETA, O CONSUMO E A IMPORTANCIA DO TRABALLO EN EQUIPO. 










                                                                                



SAÍNZA, NAI DE LENA, CONTOUNOS A HISTORIA DE CROCO, UN PEQUENO CROCODILO QUE VAI TER UN IRMÁN.





23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO, DESCUBRINDO A LICA

HAI UNHA SEMANA QUE COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA CO NOVO ÁLBUM ILUSTRADO PUBLICADO POR BEATRIZ FRAGA, TITULADO "LICA". 
A TRAVÉS DAS FORMAS (CÍRCULOS, TRIÁNGULOS, CURVAS, RECTAS...) NACE A PROTAGONISTA DESTE LIBRO.



CREANDO COAS FORMAS E INTERPRETANDO



















ANTES DE COÑECER O ÁLBUM, O ALUMNADO  POR GRUPOS,  SOBRE UN FONDO NEGRO, XOGA COAS FORMAS,  CREA E INTERPRETA  AS COMPOSICIÓNS RESULTANTES. ESCRIBIMOS UNHA LISTAXE ENORME DE POSIBILIDADES (PAXAROS, ÁRBORES, OLLOS...).
AS SEGUINTES FOTOS MOSTRAN ALGÚNS MOMENTOS DO PROCESO

18 de abril de 2018

A BANDEIRA DE VIGO

FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE ESPECIAL PARA DESENVOLVER O NOSO PROXECTO DE VIGO. A ACTIVIDADE CONSISTIU EN QUE CADA UN PINTASE A BANDEIRA DE VIGO.  
COA APP DE QUIVER CONVERTIMOS A NOSA BANDEIRA EN REAL. DESFRUTAMOS MOITO VENDO AS NOSAS BANDEIRAS ONDEANDO AO VENTO. TAMÉN POIDEMOS VER OUTRAS BANDEIRAS COMA A DE CHINA, E.E.U.U.,ESPAÑA, XAPÓN... E OS SEUS HIMNOS



6 de abril de 2018

OBRADOIRO DE HORTA

DECORANDO TESTOS DE MATERIAL RECICLADO ( BOTELLAS DE AUGA). DIVIDIMOS A CLASE EN CINCO EQUIPOS. 
O PRÓXIMO DÍA DE HORTA, PRANTAREMOS NELES AMORODOS.
ESTE VIDEO MOSTRA ALGUNHAS DAS IMAXES DO TRABALLO REALIZADO.

DECORANDO TESTOS RECICLADOS DE PLÁSTICO DE BOTELLA from Julia Pérez on Vimeo.

21 de marzo de 2018

MUSEO MARCO, VIVENCIANDO O ESPAZO

SEGUIMOS DESENVOLVENDO O NOSO PROXECTO DE ARTE EN VIGO.  
VISITAMOS O MARCO. A TRAVÉS DE  EXERCICIOS E EXPERIENCIAS CO ESPAZO, COAS PERCEPCIÓNS, COS MATERIAIS...ACHEGAMOS A ARQUITECTURA AOS PEQUES.
FIXEMOS UN BOSQUEXO DA FACHADA DO MUSEO, DEBUXAMOS O PLANO DO EDIFICIO E PASÁMOLO XENIAL!!!









APROVEITAMOS A VISITA AO MUSEO MARCO PARA SENTARNOS NO "FAROL", OBRA DE JENARO DE LA FUENTE.
"LA FAROLA" COÑECIDA COMO LUGAR DE ENCONTRO NO CENTRO DA NOSA CIDADE,

DÍA DA POESÍA

DESDE 1999, A PROPOSTA DA UNESCO, CELÉBRASE CADA 21 DE MARZO, O DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
OS PEQUES DE 5 ANOS ELABORAMOS ESTE PEQUENO LIBRIÑO PARA O DÍA DA POESÍA.
SE LES O CÓDIGO QR QUE APARECE NO LIBRIÑO PODERÁS ACCEDER AO SEGUINTE VIDEO.
POEMAS from Julia Pérez on Vimeo.


A PROPOSTA DA BIBLIOTECA, DECORAMOS A PORTA DA AULA CUNHA ACTIVIDADE PLÁSTICA, RELACIONADA CUN FRAMENTO DUN POEMA DE Mª VICTORIA MORENO.

SE LES O CÓDIGO QR PODERÁS ESCOITAR O FRAGMENTO DA POESÍA DE Mª VICTORIA MORENO, RECITADO POLOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

ESTES SON OS PEQUES LENDO O CÓDIGO QR NA PORTA DA AULA





2 de marzo de 2018

SESIÓN DE HORTA, O COMPOST

APRENDENDO SOBRE A COMPOSTAXE, O COMPOSTEIRO E A CLASIFICACIÓN DE RESIDUOS QUE PODEN USARSE  NA SÚA ELABORACIÓN, A TRAVÉS DO XOGO. 

QUE É O COMPOST



A RECICLAXE
UN AGASALLO PARA A HORTA
XOGO DE ASOCIACIÓN DE CONTEDORES DE RESIDUOS, DIRIXIDO A ALUMNADO DE 3 A 6 ANOS. PREME NA IMAXE PARA XOGAR.

23 de febreiro de 2018

UNHA ROSA, UN CÓDIGO QR E UN POEMA

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS, FIXEMOS ESTAS ROSAS ESPECIAIS PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA. 
UNHAS ROSAS FALADEIRAS QUE RECITAN UN POEMA. 

16 de febreiro de 2018

ROSALÍA, UNHA MULLER POETA

O DÍA 24 DE FEBREIRO CELÉBRASE O DÍA DE ROSALÍA. FIXEN UNHA RECOMPILACIÓN DE RECURSOS SOBRE A ESCRITORA, PARA COÑECER, CANTAR E APRENDER COS PEQUES🌹

8 de febreiro de 2018

PREPARANDO O ENTROIDO

AS ESCULTURAS DA NOSA CIDADE ESTÁN PRESENTES NOS TRABALLOS DE AULA. A OBRA ESCULTÓRICA DE JOSÉ MOLARES EN BOUZAS " O PASEO DOS PEIXES", INSPIROUNOS Á HORA DE ELIXIR O DISFRACE DE ENTROIDO. 
LEVAMOS UNHAS SEMANAS DE MOITO TRABALLO, PINTANDO O TRAXE, ELIXINDO AS CORES, E BOTANDO BRILLANTINA. PERO COMO PODEDES VER, ENCÁNTANOS PINTAR.


DECORAMOS A PORTA DA AULA CO TEMA DO ENTROIDO, A PETICIÓN DOS PEQUES.
NON PODÍA FALTAR “O NADADOR”!!!





TEMPO DE ENTROIDO!!!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...